Hai vida despois da morte?

O Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Verín acollerá este 25 de novembro a conferencia “Vida despois da morte: as 10 mellores evidencias” do xornalista e escritor galego Miguel Pedrero.

Por X.M. Fernández | Verín | 25/11/2021 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

A Casa da Cultura de Verín acolle a partir das 19:30 h. a conferencia Vida despois da morte: as 10 mellores evidencias” do xornalista e escritor galego Miguel Pedrero, autor de preto de vinte libros, a súa última obra é "La verdad prohibida. Cómo los amos del mundo manipulan nuestras mentes para que no descubramos la auténtica realidad" (Ediciones Cydonia), 2021.

Miguel Pedrero. Foto cedida por Dpto Prensa Concello de Verín
Miguel Pedrero. Foto cedida por Dpto Prensa Concello de Verín

VIDA DESPOIS DA MORTE: AS 10 MELLORES EVIDENCIAS

"Que pasará comigo cando remate a miña vida? --Quen non formulou esta cuestión algunha vez?--. Seguirei existindo dalgunha maneira ou todo chegará ao seu fin para min? A inmensa maioría encara esta cuestión desde a fe, o escepticismo ou o ateísmo, pero o certo é que podemos facelo dende a razón, porque na actualidade contamos cunha serie de evidencias que apuntan á existencia de vida despois da morte", sinala o concello nun comunicado.

Miguel Pedrero (A Coruña 10 de abril de 1976) é un escritor, xornalista e investigador galego, actualmente redactor e coordinador de contidos de revista Año/Cero, ademais de colaborador habitual e reporteiro do programa radiofónico Espacio en Branco en Radio Nacional de España, e tamén na Rosa de los Vientos de Onda Cero.​

Os seus artigos foron publicados en nas revistas Enigmas e Más Alla de la Ciencia. Anteriormente traballou para diferentes emisoras, como Radio Voz, Radio España ou Radio Galega no seu programa Milenio, ademais de participar na realización de varios documentais televisivos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta