Por E.P. | A CORUÑA | 30/11/2021 | Actualizada ás 19:44
A Deputación da Coruña impulsará na provincia o próximo ano o evento ciclista 'O Gran Camiño', un encontro no que participarán equipos profesionais nacionais e internacionais e que configura "unha volta propia para o territorio galego".
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; os alcaldes de Ames, Blas García, e Dumbría, José Manuel Pequeno, o responsable de Emesports, Ezequiel Mosquera e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, presentaron a iniciativa.
Tamén asistiron recoñecidos ciclistas galegos como Óscar Pereiro, Jesús Branco Villar ou Gonzalo Rabuñal, que presentaron en Ponche Maceira a etapa da provincia da Coruña desta competición, que percorrerá Galicia do 24 ao 27 de febreiro de 2022.
González Formoso sinalou que esta proba é "unha aposta por un deporte que cada vez é máis practicado e que nos permite ensinar a o mundo os singulares e marabillosos recunchos da nosa provincia, como Ponte Maceira, declarada o ano pasado como un dos 100 enclaves máis bonitos de España", sostivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.