Milo Castelo, un campión europeo de surf con máis de 45 anos

O surfeiro pontevedrés afirmaba que nunca era tarde para practicar un deporte e que o mellor que temos son os hábitos deportivos.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/12/2021 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O pasado 1 de decembro, o pontevedrés Milo Castelo proclamábase campión de Europa Máster de surf na categoría de maiores de 40 anos. O surfeiro galego alcanzou o título por diante de Raúl García, José Vicente Tavío e Richard Reyes.

Milo Castelo, Campión de Europa Master de Surf na categoría de máis de 40 anos
Milo Castelo, Campión de Europa Master de Surf na categoría de máis de 40 anos | Fonte: Deputación de Pontevedra

Por iso, este xoves, na Sala de Xuntas do Concello de Pontevedra, o tenente alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, recibiu ao deportista Milo Castelo que tamén obtivo un cuarto posto na categoría de maiores de 45 anos.

O edil do PSOE felicitou ao surfeiro pola súa xesta, asegurando que "é un orgullo para a cidade ter a xente que sexa capaz de seguir practicando deporte a moi alto nivel aos 40 anos", xa que pon de manifesto "a importancia que ten o deporte en Pontevedra e a inmensa sorte que temos de ter deportistas de alto nivel en tódalas disciplinas".

A actividade física e a saúde están moi relacionadas e exemplos como o de Milo deben axudarnos a fomentar esa práctica de exercicio tan importante en tempos de pandemia", subliñou Fernández, que lle entregou a Castelo como agasallo un USB personalizado da Concellería de Deportes.

Pola súa banda, o surfeiro pontevedrés afirmou que este título de Campión de Europa "é un xeito de gratificar o traballo de toda unha vida", algo que "teño que agradecer ao apoio da miña familia e a miña muller, que fixo posible que trouxera este premio para Pontevedra".

"Quero animar a todos os que entramos nunha certa idade - salientou Milo Castelo- que saiban que nunca é tarde para practicar un deporte. Que a xente non deixe os hábitos deportivos, porque é o mellor que temos", concluía Milo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta