Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/12/2021 | Actualizada ás 12:00
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución da Consellería de Medio Rural pola que un total de 16 municipios das provincias da Coruña e Lugo quedan libres da praga da pataca.
En concreto, trátase dos municipios coruñeses de: Cabanas, A Capela, Fene, Ferrol, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Cee e Fisterra. Os concellos lucenses que deixan de ter presenza de polilla guatemalteca son: Abadín, Muras, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova e Riotorto.
Esta decisión, que agora se publica, xa se comunicou o pasado 23 de novembro con motivo da comisión de seguimento da polilla guatemalteca, na que se identificou un "avance significativo" na contención da praga previa a unha "unha posible erradicación".
ZONAS TAMPÓN
No tocante a zonas tampón, de separación con áreas infestadas, pasan a considerarse así á totalidade da superficie dos municipios de: Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Narón, San Sadurniño e Valdoviño.
Tamén pasan a esta demarcación de zonas tampón: as parroquias de Bardullas, Buiturón, Caberta, Couceiro, Frixe, Morquintián, Nemiña, Touriñan e Vilastose, no municipio de Muxía; así como unha franxa de 5 quilómetros limítrofe cos concellos infestados que afecta a parcelas dos municipios de Camariñas, Dumbría e Vimianzo.
Na provincia de Lugo, a zona tampón afecta os municipios de: Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Ocorre o mesmo nas parroquias de Balboa, Fórnea, Ría de Abres, Sante, Vidal, Villaformán e Villapena, no municipio de Trabada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.