A veciña de Cortegada confesa que asasinou, queimou e enterrou ao home que coñeceu por Internet

A moza de 26 anos confesouno voluntariamente ante a xuíza.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/12/2021 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A muller de 26 anos de idade, veciña de Cortegada, investigada tras afirmar nunha consulta de psiquiatría no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense que queimara o cadáver dun home ao que coñecera a través de Internet, confesou este mércores que o matou.

A confesión produciuse voluntariamente ante a xuíza e a secretaria xudicial na leira da aldea Os Rabiños onde se estaba producindo un novo rexistro, despois de que a última hora da tarde dese martes se atopara un pé na leira.

A muller mantivera en todo momento que só se desfixo do corpo, e explicou na consulta médica que atopou ao home morto na súa casa e que, debido aos nervios, decidiu, co fin de ocultalo, queimar o seu cadáver e enterrar parte dos restos, mentres que outra parte lanzounos ao río.

A declaración está pendente de ser ratificada no xulgado. Mentres, continúan os labores de rastrexo no domicilio e nas leiras contiguas á casa. A investigación levaba meses activa e a nai do home denunciara a súa desaparición en Cataluña o pasado 27 de agosto.

Detida no coche da Garda Civil tras a detención
Detida no coche da Garda Civil tras a detención | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta