Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/12/2021 | Actualizada ás 19:19
O Concello de Ferrol e a empresa Urbaser acaban de pór en marcha unha campaña de concienciación cidadá de limpeza orientada fundamentalmente aos máis pequenos. O alcalde, Ángel Mato (PSOE), presentou ao tres protagonistas da iniciativa 'Os Perrecicladores', nun acto desenvolvido na mañá deste xoves, 23 de decembro, na sede municipal e onde estivo acompañado polo xerente de Urbaser, Luís Torre, e a concelleira de Medio Ambiente, Obras e Servizos, Ana Lamas.
O alcalde destacou que esta iniciativa busca "implicar" sobre todo aos nenos posto que "a educación desde idades temperás é fundamental para cambiar hábitos". Os protagonistas da nova campaña promoven "reducir, reciclar e reutilizar" da man de tres rechamantes mascotas: Idro para o colector verde, Pel para o azul e Tico para o amarelo. A mensaxe é incidir en que reciclar é volver utilizar obxectos e residuos xa usados e convertelos en novos elementos.
PUNTO LIMPO
Mato tamén destacada o recurso que supón o Punto Limpo da cidade, unha instalación na que a cidadanía pode depositar de maneira gratuíta aqueles residuos que polo seu gran volume ou polo seu perigo deban recibir un tratamento especial.
Pola súa banda, Luís Torre, detallou que a campaña supón un "importante esforzo" de face ao futuro e apuntou á necesidade de contar coa implicación da cidadanía para manter limpa a cidade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.