A Xunta fala de melloría nas augas da ría de Ferrol

A diferenza entre a calidade microbiolóxica dos bancos marisqueiros ten importantes consecuencias para o sector marisqueiro da ría.

Por E.P. | Ferrol | 31/12/2021 | Actualizada ás 15:01

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar, a través do Instituto Tecnolóxico parao Control do Medio Mariño (Intecmar), constatou a melloría dos parámetros microbiolóxicos da parte externa da ría de Ferrol, o denominado GAL 03/03.

Nunha resolución asinada o pasado día 17 de decembro, o organismo que dirixe Covadonga Salgado recalifica como zona A estable a área comprendida entre as liñas imaxinarias que unen, por unha banda, o Cabo Prioriño Mozo e Punta Coitelada e, por outro, as puntas San Carlos e Segaño.

Trátase do lugar no que se localizan as bateas de reinstalación ás que se envían os bivalvos (principalmente ameixa) que se colleitan en zonas con maior contaminación microbiolóxica (con altos niveis da bacteria E.coli), segundo o que establece nos seus regulamentos a lexislación europea.

Esta resolución supón un cambio substancial con respecto á que rexía ata agora (do ano 2018) e que definía esta zona como B estable. A diferenza entre a calidade microbiolóxica dos bancos marisqueiros ten importantes consecuencias para o sector marisqueiro da ría.

Así, os bivalvos que se extraen dunha zona A poden porse á venda directa no mercado, mentres que os que proceden dunha zona B deben ser sometidos a un proceso de depuración ou de reinstalación en lugares de augas limpas antes da súa comercialización.

Mariscadores na ría de Ferrol
Mariscadores na ría de Ferrol

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta