Por Pablo Chao | Santiago de Compostela | 08/01/2022 | Actualizada ás 22:00
Ylenia Domínguez, unha moza de tan só 13 anos que vive en Mos busca converterse na primeira muller que compite na Fórmula 1 dende que o fixo a italiana Giovanna Amati no ano 1992.
Xunto có seu irmán Christian xa está a preparar á nova tempada na categoría Senior do circuito berciano de Cabañas Raras. Na tempada pasada, na súa cita inaugural, Ylenia deu un recital de adiantamentos sobrepoñéndose a un incidente nos primeiros metros de carreira chegando a conseguir unha espectacular remontada ante un público abraiado animando á galega.
O seu irmán, unha das persoas que máis a coñece, di que Ylenia é unha persoa moi positiva e aínda que lle pase algo, ordea a súa mente e quere dar todo o mellor de si para quedar no mellor posto posible.
Na tempada pasada os resultados obtidos pola moza de Mos falan por si sós. Ela é unha das poucas mozas que corren o Campionato de Portugal de Karting, onde no ano 2021 conseguiu un extraordinario "sexto posto" na xeral dun total de 15 pilotos", como ela mesmo comenta en declaracións a GC.
Foi na última carreira do curso pasado onde conseguiu o seu mellor resultado. "Era a última cita da tempada, só quedaban dúas voltas, iba cuarta, vin que me estaba acercando moito ao seguinte, e dixen que non debía precipitarme ao adiantalo xa que ma podía devolver, polo tanto lanceime na última volta e quedei terceira", explicaba Ylenia.
DEPORTE IGUALITARIO
O sexismo na sociedade de hoxe en día segue a estar moi presente e no caso do automobilismo non ía a ser menos. Sen embargo, Ylenia é moi crítica con esta opinión. "Din que os mozos son máis fortes que as mozas, pero eu non o vexo así, non estou de acordo. Isto é un deporte mixto é só penso en gañar e gañar e ser algun día piloto de Fórmula 1", destaca a piloto.
O obxectivo de alcanzar a Fórmula 1 e codearse cos pilotos máis rápidos do mundo nos monoplazas tecnolóxicamente máis avanzados é moi ambicioso e ningunha muller o conseguiu dende Amati en 1992, pero Ylenia, de 13 anos, aspira ao máximo. E futuro ten por diante.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.