O delegado do Goberno, tamén en corentena tras dar positivo en Covid

Indicou que tras dous test negativos, deu positivo no terceiro.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/01/2022 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, está en corentena tras dar positivo por Covid, segundo informa na súa conta de Twitter. Nela, confirma que tras dous test negativos deu positivo no terceiro, motivo porque o que está en corentena desde este día de Reis.

Explica tamén que os síntomas que presenta son "leves", "típicos dun catarro". "Toca seguir traballando desde casa neste comezo de 2022", indica trasladando tamén ánimo aos que estean na mesma situación e pedindo á cidadanía que se coide.

Como a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, Miñones tiña previsto asistir este xoves aos actos da Pascua Militar, na Coruña, aos que, finalmente, non acudiu por este motivo.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, na inauguración da Feira de Mostras de Autónomos / DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA. / Europa Press
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, na inauguración da Feira de Mostras de Autónomos / DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta