O bono eléctrico chegou en 2021 a 5.278 familias

A Xunta pon de novo a disposición esta axuda con 1,9 millóns de orzamento.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 12/01/2022 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia ponde de novo a disposición das familias galegas as axudas do bono eléctrico, cun orzamento de 1,9 millóns de euros para que os fogares que máis o necesitan poidan facer fronte á factura da luz e evitar, así, os cortes de subministración.

Case 4.000 galegos beneficiáronse do 'bono eléctrico' da Xunta en 2019. XUNTA - Arquivo
Case 4.000 galegos beneficiáronse do 'bono eléctrico' da Xunta en 2019. XUNTA - Arquivo

As novas axudas, que en 2021 chegaron a 5.278 familias, van dirixidas a consumidores cunha maior vulnerabilidade desde o punto de vista económico. Os destinatarios deben ser persoas residentes en Galicia e titulares dun servizo de subministración eléctrica.

As axudas outórganse por concorrencia non competitiva --é dicir, por orde de entrada da solicitude-- a todos cantos cumpren os requisitos e supoñen un 50% da factura eléctrica correspondente á vivenda habitual do solicitante cunha contía máxima anual de 300 ou 450 euros --no caso de familias numerosas--.

Ademais, estas familias con máis dificultades que se beneficien deste programa de apoios verán garantido o acceso continuado á subministración nos fogares, dando así resposta a unha necesidade básica dos cidadáns, pois non se lles poderá cortar o servizo mentres sexan beneficiarios desta axuda.

Ademais, establécese un prazo máximo dun mes desde a presentación da solicitude ata a súa resolución, polo que unha vez que se comprobe que se cumpren os requisitos, realizarase o pago por parte da Vicepresidencia económica directamente ás empresas comercializadoras de referencia coas que se renovará o protocolo de colaboración. Este pago será mensual, segundo remítanse as axudas.

Galicia foi pioneira nesta liña de axudas no ano 2018. Desde entón concedéronse 15.030 axudas por un importe de algo máis de 4,8 millóns de euros. Antes, a Xunta contaba co billete eléctrico e con axudas para evitar os cortes de subministración das que se beneficiaron entre 2014 e 2017 máis de 12.500 familias. Por tanto, desde 2014 ata agora, a contía global das axudas ascende a 6,35 millóns de euros, e con máis de 27.000 beneficiarios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta