As axudas para asociacionismo veciñal alcanzan os 3 millóns e soben un 20%

As persoas solicitantes teñen un mes para tramitar as peticións a partir deste sábado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2022 | Actualizada ás 16:38

Comparte esta noticia

A Xunta renovou a orde de axudas do plan específico de acción comunitaria, o cal será publicado este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG). Nela, o Goberno galego incrementa o orzamento nun 20 por cento, ata alcanzar os 3 millóns de euros, na súa "aposta polo asociacionismo veciñal e a xestión conxunta de bens e servizos por parte da poboación galega".

A orde, en réxime de concorrencia competitiva, establece as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2022, dentro do plan específico de acción comunitaria, destinando a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciñanza, comunidades e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Os investimentos están destinadas ao acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e á compra de equipamentos básicos para o seu funcionamento, como mobiliario, equipos informáticos e audiovisuais ou material non básico específico para levar a cabo determinadas actividades. Ademais, son subvencionables proxectos de mellora, reforma e reparación das instalacións das traídas de auga promovidas por comunidades de usuarios de augas para garantir o abastecemento.

A contía das axudas pode alcanzar a totalidade do investimento realizado, cun límite máximo por entidade de 12.000 euros para a realización de obras e de 5.000 para a dotación de equipamentos. O orzamento total é de 3 millóns de euros, un 20 por cento máis uqe en 2021, cando se elevaba a 2,5 millóns.

As entidades beneficiarias deberán estar inscritas no rexistro de asociacións de comunidade e conter na súa denominación a identificación como asociación de veciños, federación, confederación ou unión de asociacións de veciños ou como asociación de mulleres rurais. No caso das comunidades de usuarios de auga, deben de estar legalmente constituídas no rexistro como titulares do aproveitamento de augas para o que soliciten a subvención.

UN MES

As persoas solicitantes teñen un mes para tramitar as peticións, a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia (é dicir, a partir do sábado). 

A XUNTA INCREMENTA ATA VOS 3M? AS AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS, MULLERES RURAIS E COMUNIDADES DE AUGAS PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA VECIÑAL. XUNTA
A XUNTA INCREMENTA ATA VOS 3M? AS AXUDAS ÁS ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS, MULLERES RURAIS E COMUNIDADES DE AUGAS PARA MELLORAR A CALIDADE DE VIDA VECIÑAL. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta