Por Europa Press / Redacción | VALENCIA | 13/01/2022 | Actualizada ás 16:18
Tanxugueiras, unha das grandes favoritas do Benidorm Fest onde se escollerá quen representará España en Eurovisión, competirá na primeira semifinal deste certame de preselección.
Luna Ki con "Voy a Morir" e Xeinn con "Eco" abrirán as dúas semifinais previstas, cuxa repartición se coñeceu este xoves en rolda de prensa e en cuxa primeira semifinal participarán Tanxugueiras co seu tema "Terra". Chanel con "SloMo" e Sara Deop con "Make You Say" serán as artistas que pechen as galas para elixir a canción de Eurovisión 2022.
Deste xeito, na primeira semifinal, que se celebrará o mércores 26 ás 22.40 horas na 1, actuarán Luna Ki; Varry Brava con "Raffaella"; Azúcar Moreno con "Postureo"; Blanca Paloma con "Secreto de Agua"; Unique con "Mejores"; Tanxugueiras con "Terra" e Chanel con "SloMo".
Na segunda semifinal, o xoves 27 á mesma hora, participarán Xeinn con "Eco"; Marta Sango con "Sigues en mi mente"; Javiera Mena con "Culpa"; Gonzalo Hermida con "Quién lo diría"; Rigoberta Bandini con "Ay mamá"; Rayden con "Calle de la llorería" e Sara Deop con "Make You Say".
O Benidorm Fest celebrarase o 26, 27 e 29 de xaneiro no Palau l'Illa da cidade alacantina e contará cun dobre escenario con forma hexagonal.
¡Así es el orden de actuación de todas las canciones que participarán en el #BenidormFest! Tanto en la primera como en la segunda semifinal 👏#ElFestivalQueQuieres https://t.co/9PMgcDd1G2 pic.twitter.com/xTZc3y8Ft4
— Eurovisión RTVE (@eurovision_tve) January 13, 2022
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.