Oito pequenos terremotos máis en Covelo e un en Melón

Foron intensidades entre 1,6 e 2,7 na escala Richter.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 19/01/2022 | Actualizada ás 19:25

Comparte esta noticia

O concello pontevedrés de Covelo rexistrou este mércores outra serie de pequenos terremotos, con intensidades entre 1,6 e 2,7 na escala Richter. Así se desprende dos rexistros do Instituto Xeográfico Nacional, que sinala que neste concello se rexistraron un total de oito terremotos este mércores.

Rexistro de terremotos en Covelo
Rexistro de terremotos en Covelo | Fonte: IGN.

O Instituto Xeográfico Nacional sinala que o primeiro dos tremores notouse o pasado domingo, sobre as 15,30 horas (hora local) e a magnitude foi de 2,3. O luns rexistrouse outro tremor, pasadas as 21,00 horas, de magnitude 2.

Na madrugada e a mañá do martes tamén se rexistraron varios movementos sísmicos, aos que este mércores seguiron oito tremores.

Ademais, esta mesma xornada tamén se notou outro terremoto no concello ourensán de Melón, dunha magnitude de 2,7 na escala de Richter.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta