Un estudo revela a posible causa dalgúns dos síntomas da COVID-19 persistente

O equipo de expertos encargados da investigación concluiron que as as mitocondrias (microorganismos das células encargados de xerar enerxía) non funcionaban correctamente nestes pacientes. Este descubrimento é un paso, din, cara a desenvolver tratamentos.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 20/01/2022 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

Un novo estudo realizado por investigadores do National Jewish Health (Estados Unidos) e publicado na revista científica 'American Journal of Respiratory and Critical Care Medicine' arroxou luz sobre a causa dos síntomas de COVID-19 persistente que podería axudar a expertos a empezar a desenvolver tratamentos.

"Non hai ningunha característica común entre quen experimentan a síndrome post-COVID. Vemos pacientes mozos e maiores, con casos leves e graves de COVID-19, activos e sans, así como algúns con enfermidades preexistentes. Algúns presentan síntomas sutís, mentres que outras persoas experimentan problemas de saúde moi evidentes que alteran a súa vida e lles impiden volver á súa rutina cotiá normal. Para a maioría, as probas iniciais do seu corazón e os seus pulmóns eran normais, así que miramos máis profundamente ao nivel celular", afirma a doutora Irina Petrache, coautora do estudo.

Para iso, o equipo de investigadores levaron a cabo probas de exercicio controlando centos de puntos de datos a medida que os pacientes se fatigaban nunha bicicleta estática. Os pacientes levaban unha máscara especializada e eléctrodos que monitoraban a súa respiración e a súa función cardíaca e, nalgúns pacientes, tamén se lles inseriu unha vía arterial para controlar os niveis de osíxeno en sangue.

Chegaron á conclusión de que as mitocondrias (microorganismos das células encargados de xerar enerxía) non funcionaban correctamente nos pacientes con síndrome post-COVID. Aínda que a proba revelou esta disfunción no tecido muscular, as persoas investigadoras cren que este mesmo proceso está relacionado cos síntomas que se orixinan nos sistemas pulmonar e neurolóxico.

Varias persoas con máscara pola rúa. Eduardo Parra - Europa Press
Varias persoas con máscara pola rúa. Eduardo Parra - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta