Empresarios e Deputación da Coruña xunto a entidades sociais traballarán en plans estratéxicos para a provincia

O encontro estivo presidido polo presidente provincial, Valentín González Formoso, e contou coa participación de representantes sindicais, da patronal, as dúas universidades da provincia, así como axentes sociais.

Por E.P. | A CORUÑA | 24/01/2022 | Actualizada ás 17:46

Comparte esta noticia

O Pazo de Mariñán, en Bergondo, acolleu este luns a celebración do Foro Económico e Social da Deputación coruñesa onde abordaron plans estratéxicos para a provincia, de cara a impulsar o seu desenvolvemento.

O encontro estivo presidido polo presidente provincial, Valentín González Formoso, e contou coa participación de representantes sindicais, da patronal, as dúas universidades da provincia, así como axentes sociais.

Nel, abordáronse cuestións como o desenvolvemento industrial, o prezo da enerxía, o emprego e a loita contra a covid-19. Fíxose, segundo explicou Formoso, unha "reflexión do estado actual da provincia", ademais de analizarse "os parámetros cos que pecha o 2021 a provincia coruñesa en relación ao emprego e á recuperación da actividade industrial".

Por outra banda, no ámbito do emprego, o deputado responsable desta área, José Ramón Rioboo, destacou a necesidade de "potenciar a formación para o emprego" e adiantou que que o Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación será neste 2022 "máis social, sustentable e cunha maior dotación económica". A Deputación destinará, concretamente, 8,2 millóns de euros este ano.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, preside a reunión do Foro Económico e Social. TORRECILLA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, preside a reunión do Foro Económico e Social. TORRECILLA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta