Por Galicia Confidencial | Madrid | 25/01/2022 | Actualizada ás 14:21
"TANCHUNGUEIRAS...Hasta para los nombres más chungos de pronunciar -non hai fronteiras-". Esta é o lema dunha novidosa e intelixente campaña publicitaria que a empresa PlayPlan instalou na rúa de Alcalá, en pleno centro de Madrid.
Así, unha gran faixa, na que se poden ver ás tres intérpretes das Tanxugueiras, Aida, Olaia e Sabela, está causando sensación e sorpresa na capital española. De feito, a imaxe xa comezou a ser viral e xoga coa dificultade que o nome do grupo está causando no resto do Estado.
O obxectivo da campaña é promocionar ao grupo galego en vísperas da súa participación no decisivo Benidorm Fest, onde se decidirá quen representará a España en Eurovisión.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.