Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 11:08
A tendencia descendente dos casos activos de Covid-19 iniciada a pasada fin de semana en Galicia freouse ao aumentar as infeccións no medio milleiro ata as 66.364; así como dos hospitalizados, que soben a 645 --implican 16 máis que o día anterior--; mentres que os novos contaxios descenden a uns 6.000 --case un milleiro menos que a xornada pasada--. En canto á taxa de positividade, mantense nun 18 por cento no conxunto da Comunidade galega.
Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do mércores, mantéñense en 48 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia, pero aumentan a 597 as hospitalizadas noutras unidades --16 máis--, mentres que 65.719 atópanse en seguimento no seu domicilio. Con todo, constitúen en conxunto 57 ingresados máis que hai unha semana, cando había 588.
Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en dúas das sete: Vigo e Ferrol; aumenta en catro: A Coruña-Cee, Santiago-Barbanza, Lugo e Pontevedra-O Salnés: e mantense na de Ourense.
Na área de Vigo, en concreto, seguen oito pacientes Covid en UCI e descenden a 81 os ingresados noutras unidades --cinco menos--; mentres que na de Ferrol, aínda que aumentan a dúas o críticos --un máis--, descenden a 37 os doutras unidades --seis menos--.
No caso da de Ourense mantéñense seis pacientes ingresados por este coronavirus en UCI e 72 noutras unidades de hospitalización convencional; mentres que na de Santiago e Barbanza segue sete en críticos, pero soben a 100 os doutras unidades --tres máis--.
Pola súa banda, na área da Coruña e Cee continúan 11 pacientes Covid en UCI e aumentan a 151 os ingresados noutras unidades --nove máis--; e na de Lugo seguen sete en críticos e increméntanse a 66 a 66 os doutras unidades --nove máis--.
E na de Pontevedra e O Salnés aínda que descenden a sete os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en UCI --un menos--, aumentan a 90 os ingresados noutras unidades --seis máis--.
SOBEN OS CASOS ACTIVOS
A tendencia descendente dos casos activos seguida nas últimas cinco xornadas consecutivas freouse ao aumentar as infeccións no conxunto de Galicia ata as 6.364, que implican 523 máis que o día anterior, ao haber máis contaxios (6.029), que altas (5.501), ao que se engaden cinco falecementos. No entanto, seguen por baixo dos 77.236 rexistrados hai unha semana --xoves 20 de xaneiro--.
Por áreas sanitarias, os casos activos descenden só en dúas das sete: Pontevedra e O Salnés (-84) e Vigo (-25); mentres que aumentan no resto: A Coruña e Cee (+261), Santiago e Barbanza (+131), Lugo (+100), Ferrol (+94) e Ourense (+46).
Por tanto, con máis casos activos mantense a área sanitaria de Vigo, con 17.313; seguida da da Coruña e Cee, con 14.402; Santiago e Barbanza, con 10.289; Pontevedra e O Salnés, con 7.627; Ourense, con 6.813; Lugo, con 6.710; e á cola segue a de Ferrol, con 3.210.
Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado mércores 26 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días segue en descenso en Galicia ata situarse en 2.941,56 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3.194,67 de media en España --onde tamén baixa--.
DESCENDEN OS CONTAXIOS
Por contra, tras dúas xornadas en aumento, os novos contaxios de Covid-19 descenden no conxunto de Galicia ata os 6.029, que supoñen 976 menos que os 7.005 deste mércores, pero seguen por encima dos 4.843 do martes e os 4.337 do inicio desta semana. Ademais, tamén superan os 6.638 detectados hai unha semana, o xoves 20 de xaneiro.
Así, desde o inicio desta pandemia ascenden en Galicia a 399.097 os contaxiados por coronavirus, dos que 94.028 corresponden á área de Vigo; 84.400, á da Coruña e Cee; 60.531, á de Santiago e Barbanza; 48.616, á de Ourense; 47.122, á de Pontevedra e O Salnés; 41.199, á de Lugo; e 23.201, á de Ferrol.
No conxunto de Galicia nas últimas 24 horas realizáronse 8.629 PCR --unhas 1.200 máis que o día anterior--, que elevan a 3.531.043 as feitas desde o inicio da pandemia; e 7.917 test de antígenos --uns 700 menos--, que suman 1.373.989. Entre ambos os tipos representan 16.546 probas diagnósticas --unhas 513 máis--.
En canto á taxa de positividade en PCR --número de infeccións detectadas cada 100 test-- mantense nun 18,68%, tras subir ao 18,01% o mércores, despois de descender o martes ao 17,38% e comezar esta semana nun 19,62%. Así, segue por encima do limiar do 5% que fixa a Organización Mundial da Saúde (OMS) para dar por controlada a pandemia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.