A Xunta dedica 72.600 euros a unha enquisa para coñecer a opinión dos galegos sobre a fusión de concellos

O Goberno galego reservou 1,5 millóns de euros nos orzamentos de 2021 para seguir impulsando fusións.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 28/01/2022 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

A Xunta elaborará unha enquisa para coñecer a opinión dos galegos sobre os procesos de fusión de concellos, unha sondaxe ao que a Administración autonómica destinará un total de 72.600 euros.

Oza-Cesuras
Oza-Cesuras | Fonte: EP

A enquisa será elaborada a partir da próxima semana, segundo informou a Xunta tras a reunión mantida este venres pola directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, con persoal da Fundación Juana de Vega e as tres universidades galegas.

O Goberno galego sinala que a sondaxe pretende "coñecer a opinión da poboación sobre o tamaño actual dos concellos, o seu interese sobre as fusións e outros procesos de redimensionamento municipal, así como a súa percepción sobre as consecuencias da remodelación da planta municipal".

Ademais, o proxecto tamén contempla realizar entrevistas a representantes políticos e expertos para abordar "a expertos sobre as diferentes alternativas coas que racionalizar o mapa local actual".

A Xunta sinala que a colaboración coa Fundación Juana de Vega "ten como principal obxectivo abrir un debate sobre a necesidade de actualizar o mapa político-administrativo de Galicia, así como avaliar se a planta municipal é eficiente".

O Executivo galego expresa a súa vontade de continuar impulsando fusións de concellos, para o que reserva unha partida de 1,5 millóns de euros nos orzamentos de 2021. Na última década foron catro os concellos que se fusionaron: Cerdedo-Cotobade e Oza-Cesuras.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta