Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2022 | Actualizada ás 23:13
Unha persoa faleceu sobre as 18,40 horas deste luns, 31 de xaneiro, tras precipitarse na zona das antigas baterías de Covas, nas proximidades do cabo Prior, en Ferrol.
Ao lugar do incidente desprazáronse profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que nada puideron facer para salvarlle a vida, ademais desprazarse Bombeiros de Ferrol e axentes das Policía Local de Ferrol e Policía Nacional.
Na zona hai un importante dispositivo policial e unha comisión xudicial será a encargada de autorizar o levantamento do cadáver.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.