Un camión perde parte da súa carga e provoca un accidente na AP9 á altura de Abegondo

O sinistro deixou feridas no condutor e provocu problemas na circulación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2022 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A perda de parte da carga dun camión na autoestrada AP-9 ao seu paso por Abegondo provocou un accidente, no que se viu implicado outro vehículo, cuxo condutor resultou ferido.  Segundo informou o 112-Galicia, foi o propio condutor do camión o que chamou a Emerxencias tras darse conta de que lle faltaba un bidón con capacidade para mil litros, e que levaba na parte traseira.

O home notou a falta de parte da carga cando xa percorrera os 30 quilómetros que separan Abegondo de Sigüeiro, en Oroso, e explicou ao 112 que non sabía en que punto do traxecto caeu o bidón. Con todo, o 112 recibiu outra chamada alertando dun accidente ocorrido en en quilómetro 150 da AP-9, en Abegondo, onde un coche chocara co bidón, e cuxo condutor resultou con lesións. O sinistro causou tamén problemas na circulación.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) de Galicia deu o aviso aos efectivos de Urxencias Sanitarias-061, así como á Garda Civil de Tráfico, a bombeiros de Betanzos e a Protección Civil.

Imaxe de recurso dunha estrada, autoestrada.. @TRANSIT
Imaxe de recurso dunha estrada, autoestrada.. @TRANSIT

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta