Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/02/2022 | Actualizada ás 11:09
Reforzar as actividades da Federación Española de Padres de Niños con Cáncer e neste caso aquí en Galicia o da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia ( ASANOG) na loita contra o cancro infantil, é a causa solidaria para este mes de febreiro á que se destinarán
os Céntimos Solidarios de Vegalsa-Eroski. A campaña estará vixente en toda a rede de supermercados e hipermercados Eroski da compañía ata o próximo 2 de marzo.
Asanog destinará a achega recibida nos diversos proxectos do programa “MEU BEN” que están dedicados a fomentar, desenvolver e traballar en todas as iniciativas posibles para mellorar a calidade de vida do paciente oncolóxico e das súas familias.
Vegalsa-Eroski estreou xunto co seu socio Grupo Eroski o programa permanente Céntimos Solidarios en novembro de 2020 e ata o de agora destinou máis de 315.000 euros a diferentes causas como o apoio ás mulleres e infancia vítimas de violencia de xénero, a axuda ás persoas con enfermidades neurodexenerativas ou o apoio na alimentación da infancia e as familia en risco de vulnerabilidade.
A través do programa, os clientes poden facer unha pequena doazón á causa benéfica que estea en marcha en cada momento ao pagar a súa compra con tarxeta ou móbil. A achega, voluntaria e confidencial, é unha pequena cantidade simbólica de 10 céntimos para compras entre 5 e 30 euros, e de 20 céntimos para compras superiores a 30 euros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.