Por E.P. | Vigo | 16/02/2022 | Actualizada ás 10:45
Un patinete eléctrico explotou no interior dunha vivenda no municipio coruñés de Fisterra, sen que se rexistrasen danos persoais. Así o comunicaba unha persoa particular ao 112 Galicia uns minutos despois das 8,30 horas deste mércores. Segundo indicou na súa comunicación, o estalido do patinete provocara que uns cristais rompesen na vivenda, situada na rúa de Alfredo Saralegui.
De maneira inmediata, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros de Cee, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Fisterra e dos axentes da Policía Local, que ventilaron a vivenda e, segundo confirmaron ao 112 Galicia, ningunha persoa había resultado ferida e só ardera o patinete.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.