Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/02/2022 | Actualizada ás 21:00
As organizacións ecoloxistas detectaron a presenza e nidificación dunha colonia de Cegoña branca (Ciconia ciconia) en Silleda e no ano 2019 dita colonia contaba cun total de 13 niños ocupados e criando.
Xa no ano pasado desde o equipo de Coordinación de Censos de Cegoña Branca de Amigas das Cegonhas en colaboración con Ecoloxistas en Acción Vigo-Rías Baixas xa expuxeron un escrito a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia botando en falta dous niños censados desde o ano 2019.
"A día de hoxe a administración non respondeu e a empresa eléctrica non se fixo cargo dos danos que están ocasionando as cegoñas e a súa conservación", denuncian dende a asociación.
A día de hoxe, tan só quedan oito niños, e estes días pasados con motivo de revisar a zona, algúns socios informaron da instalación de elementos para disuadir a ocupación dos escasos niños de cegoña branca que quedan na zona.
Dende a asociación solicitan á directora da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, interveña urxentemente e se cumpla a lei xa que á cegoña branca ao ser unha especie protexida está prohibida a súa caza, captura, disecación, comercio ou destrución dos seus niños.
Tamén mandáronlle unha mensaxe á empresa comercializadora eléctrica de que non retiren os niños, nin intenten espantar, nin persuadir as cegoñas. "Invitámoslles a cumprir con medidas compensatorias que faciliten niños alternativos máis seguros e que retiren os pinchos e aparatos disuasorios urxentemente antes de que pase unha desgracia maior", concluén.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.