Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/02/2022 | Actualizada ás 17:26
O Concello de Fisterra e o Hotel Bela Finisterre organizan este sábado unha homenaxe ao escritor galego Camilo José Cela para conmemorar os 20 anos do seu falecemento.
A Fundación Pública Galega Camilo José Cela participará neste acto. O bibliotecario da entidade, Iván Rodríguez Varela, abordará a relación do Premio Nobel de Literatura coa vila, onde pasaba os veráns nos anos 80.
A praia de Langosteira foi o lugar elixido polo escritor para documentarse coa finalidade de escribir a que sería a súa última novela, 'Madera de boj', sobre a que tamén falará o representante da fundación.
O profesor José A. Ponte Far, o poeta Modesto Fraga e o escritor e xornalista Paco López Barxas tamén participarán nesta homenaxe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.