A aeronática galega mira ao 2022 como o ano da recuperación

Prevén mellorar cifras de facturación a pesar da suba de costes xeralizada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/02/2022 | Actualizada ás 14:52

Comparte esta noticia

O Consorcio Aeronáutico Galego (CAG) prevé que este 2022 será o ano da "recuperación" do sector, despois de que no exercicio pasado as compañías reducisen a súa facturación, pero tratando de manter os postos de traballo. Así o sinalou o presidente do CAG, Enrique Mallón, que indicou que, a pesar de ser datos aínda provisionais, o ano pasado foi un exercicio "negativo" para o sector aeronáutico galego, "especialmente no apartado de facturación", debido á caída dos desprazamentos provocada pola pandemia.

"No emprego estamos en condicións de asegurar que non houbo redución", indicou Mallón en declaracións aos medios tras a celebración da xunta directiva do consorcio. Segundo el, as empresas non quixeron prescindir de persoas cualificadas por tratarse dun sector que, "con total garantía", se vai recuperar.

Por todo iso, trasladou a "tremenda ilusión" coa que a aeronáutica galega ve o 2022, porque "nada vai ir a peor" no relativo á pandemia, o que axudará a que o sector se recupere. Tamén puxo o foco nos retos que afrontará no futuro, do mesmo xeito que outras industrias, como a falta de materias primas, o aumento dos custos loxísticos e de produción e o incremento do prezo da enerxía, o cal definiu como un "atranco moi importante". Na reunión deste mércores, tamén se concretou entre outras cousas, que os contratos das empresas galegas coa firma Airbus manteranse ou serán ampliados este ano.

Enrique Mallón.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS
Enrique Mallón.. PEDRO DAVILA-EUROPA PRESS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta