O Team Galiza Roller Derby viaxará ate Reus no seu debut na liga estatal

O partido terá lugar no pavillón Celia Artiga, o sábado 26 de marzo ás 17:30 horas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/02/2022 | Actualizada ás 21:15

Comparte esta noticia

A liga nacional de roller derby ARDE - WFTDA onde participan 14 equipos da península xa deu o seu pistoletazo de saída. Asturias e País Vasco xa se enfrontaron o pasado sábado coa emocionante victoria das vascas, menores en número pero boas coñecedoras da estratexia que caracteriza este deporte.

Imaxe do equipo As Brigantias no pavillón de deportes da Coruña
Imaxe do equipo As Brigantias no pavillón de deportes da Coruña | Fonte: As Brigantias

Esta fin de semana terá lugar o primeiro encontro do Team Galiza Roller Derby. As patinadoras galegas máis indómitas viaxarán dende as diferentes provincias ate Reus para xogar contra Insubmises Roller Derby. O partido terá lugar no pavillón Celia Artiga, o sábado 26 de marzo ás 17:30 horas.

As galegas lles espera unha semana dura de adestramentos para acadar o mellor resultado posible contra as compañeiras catalanas, que as superan en número e destacan pola súa excelente habilidade sobre patíns.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta