Morre un motorista tras saírse da vía e chocar contra un coche aparcado en Meaño

O condutor, de 49 anos de idade, faleceu no lugar do sinistro.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/02/2022 | Actualizada ás 10:02

Comparte esta noticia

O condutor dunha motocicleta, de 49 anos de idade, faleceu este xoves ao saírse da vía o seu vehículo e chocar contra un coche aparcado no municipio de Meaño.

Segundo a información facilitada a Europa Press pola Garda Civil, este sinistro tivo lugar sobre as 7,00 horas deste xoves no quilómetro 2,7 da estrada EP-9305 ao seu paso por Coirón, no municipio de Meaño.

Tras o aviso do sineistro, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxeron en marcha un operativo no que avisaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos membros do GES de Sanxenxo.

Ao lugar do accidente Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado e outra de soporte vital básico para atender a un paciente que faleceu no punto do sinistro, indicaron fontes sanitarias.

Por parte da Garda Civil confirmaron que o condutor falecido, veciño da localidade de Meaño, era o único implicado neste accidente.

Accidente cun motorista falecido en Meaño (Pontevedra).. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA
Accidente cun motorista falecido en Meaño (Pontevedra).. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta