Que trae a calima africana a Galicia?

A borrasca Celia propiciou a chegada do po do Sahara. As partículas poden afectar á calidade do aire, degradar a visión e causar problemas respiratorio.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/03/2022 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

O ceo de Galicia está este martes dunha cor diferente. E durante toda a semana a situación irá a máis, principalmente na parte oeste do país afectando a cidades como Vigo, Pontevedra, Santiago ou A Coruña, con maior intensidade. Trátase da calima que se desprazou de África e que innunda toda a península debido á borrasca Celia que, ademais, está a provocar un episodio de vento, choiva e mesmo nevadas en cotas altas do interior peninsular. 

A borrasca Celia trae un gran capa de calima, po en suspensión, que afectará a Galicia
A borrasca Celia trae un gran capa de calima, po en suspensión, que afectará a Galicia

Esta borrasca trae unha forte invasión de aire sahariano cargado de po en suspensión que progresa pola península. Este martes pola mañá, o sur da península chegou a ser a zona "máis contaminado" do mundo polas partículas saharianas, que proceden da natureza pero non deixan de ser prexudiciais para a saúde.  

Cidades como Ávila, Salamanca, Segovia ou a propia Madrid tiñan concentracións de partículas inferiores aos 10 micrómetros (PM10) próximas aos 1000 microgramos por metro cúbico (µg/m3). Estas cifras toman relevancia se as comparamos coa media diaria que a OMS entende como saudable de 45 µg/m3. Trátase de datos superiores aos que se observan en China ou India.

Todo ese po está a ser inxectado por Celia, que trae aire desde o deserto do norte de África, creando grandes columnas de calima na península e Baleares. Esta irrupción permanecerá de forma notable durante o resto da semana, producindo, ademais, choivas de barro.

EFECTOS

As partículas do po en suspensión afectan considerablemente á calidade do aire, dificultan a visión, crean irritación ocular e poden causar problemas respiratorios. Con todo, a calima tamén ten efectos positivos. Entre outros, reduce a posibilidade de que se produzan tormentas tropicais e é un fertilizante natural para o océano e os chans. Ademais, reflicten a luz solar arrefriando así a atmosfera e diminuíndo o quecemento da superficie do océano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta