Axudas de 400.000€ ás anpas galegas para loitar contra a violencia de xénero

Poden solicitarse desde o 22 de marzo ata o 21 de abril.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2022 | Actualizada ás 13:13

Comparte esta noticia

A Xunta anunciou a convocatoria de axudas por valor de 400.000 euros destinados ás Asociacións de Nais e Pais galegas para actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero. Estas axudas, financiadas polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, están dotadas con 400.000 euros, ampliables en función das necesidades, e poderían chegar a unhas 150 asociacións.

Cada solicitude terá acceso a un máximo de 3.000 euros, se é de carácter individual, ou de 6.000 euros, no caso das peticións conxuntas presentadas por federacións ou confederacións de Anpas.

Nun comunicado, a Consellería de Educación destacou que a Xunta pretende así contribuír á formación, sensibilización e información das familias e asociacións de nais e pais na perspectiva de xénero, concienciando ás fillas e fillos, ao alumnado e á comunidade educativa sobre os estereotipos de xénero existentes e visibilizar ás mulleres e ás nenas promovendo unhas relacións respectuosas e en igualdade que preveñan a violencia de xénero.

Con estas axudas poderanse financiar programas e actividades de difusión dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarios, ás familias, ás Anpas e á comunidade educativa en xeral ata o 30 de novembro de 2022. As axudas poden solicitarse desde o martes 22 de marzo ata o día 21 de abril.

Aula baleira. ANPA IES DE BRIÓN - Arquivo
Aula baleira. ANPA IES DE BRIÓN - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta