Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2022 | Actualizada ás 20:11
Un home faleceu este luns en Vedra tras ser atropelado pola súa propia furgoneta e quedar atrapado debaixo do vehículo nunha zona de pendente, na parroquia de Trobe.
Os feitos sucederon uns minutos antes das 17,30 horas. Foi a esa hora cando un particular contactou co 112 Galicia para informar dunha persoa que fora alcanzada polo seu propio vehículo e engadía, na súa comunicación, que estaba atrapada debaixo do mesmo.
O 112 requiriu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou ata o lugar do accidente un equipo médico nun helicóptero. A pesar dos esforzos por salvarlle a vida, os efectivos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Para liberarlle, ao lugar acudiron os membros do GES da Estrada. Ademais, informaron aos Bombeiros de Santiago e de Ordes, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vedra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.