Feijóo ante a súa marcha da Xunta: "Galicia preservará a estabilidade"

Pídelle a Sánchez "explicacións" sobre o acordo con Marrocos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2022 | Actualizada ás 13:37

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reclamou "explicacións" ao xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, sobre o acordo con Marrocos e afeoulle que "rompa" o consenso en torno ao Sahara que había neste país e "co PSOE" do pasado.

"A política exterior é de Estado, non lle pertence a Sánchez, nin ao Goberno actual, nin ao Partido Socialista actual que rompeu co PSOE anterior", reprochou Feijóo, quen reclamou "explicacións" de en que situación queda o Estado, as relacións con Alxeria e a subministración do gas, entre outras cuestións.

Feijóo esixiu, así as cousas, que Sánchez acuda ao Congreso a comparecer e lanzou unha mensaxe sobre o seu futuro. "Quero garantir ao galego que iso non ocorrerá en Galicia, con independencia das decisións persoais que debo tomar, a nosa terra preservará a estabilidade", manifestou, case ao final da súa intervención, nunha comparecencia de urxencia este martes na Cámara galega, tras aceptar a petición do BNG.

Feijóo sinalou que "coñece a este goberno" --o nomeado por el--, á maioría parlamentaria e ao PPdeG. "Galicia está por encima de todo", asegurou o mandatario autonómico, sobre o futuro da Comunidade galega, que deberá designar no Parlamento unha nova persoa á fronte da Xunta.

Durante a súa intervención, que durou preto dunha hora, o presidente autonómico tamén reclamou ao Goberno de Sánchez "coordinación" na chegada de refuxiados de Ucraína, coñecer os datos das persoas que están a chegar. En canto a medidas, dixo que Galicia habilitará a Risga, pero solicitou que o Goberno implante o ingreso mínimo vital.

O PPdeG acepta a comparecencia de urxencia, solicitada polo BNG, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo
O PPdeG acepta a comparecencia de urxencia, solicitada polo BNG, do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta