Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2022 | Actualizada ás 17:49
O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, trasladou ao embaixador de Ucraína en España, Serhii Pohoreltsev, se apoio á petición de enviar amblancias galegas a Ucraína para colaborar no traslado de "mulleres, nenos e enfermos desde as cidades bombardeadas por Putin ás zonas de refuxiados a través de corredores humanitarios".
En concreto, Formoso proporá a doazón dos vehículos en desuso, co obxectivo de darlles unha segunda vida útil no traslado de refuxiados, tal e como explicou o PSdeG nun comunicado, no que informa da reunión mantida este martes por Formoso con Serhii Pohoreltsev para trasladar a "inmensa solidariedade do pobo galego" con Ucraína, demostrada prol a "masiva acollida" de refuxiados polos concellos socialistas.
O líder do PSdeG explicou que reclamará unha liña de conversacións co Sergas e as compañías de ambulancias para permitir entregar estes de hívehículos en desuso, así como de porse en contacto coa Axencia Española de Cooperación Internacional para coordinar estas axudas.
"Coñecemos o sector e sabemos que hai vehículos en perfectas condicións que a partir duns determinados anos non poden seguir prestando servizo en Galicia pola normativa autonómica", sinalou. Así mesmo, anunciou unha proposta socialista para incorporar de forma urxente como beneficiarios do sistema galego de política social aos cidadáns ucraínos acollidos en Galicia. Ademais, destacou a intención de todas as institucións con presenza do PSdeG de acoller de forma regulada e ordenada a cidadáns ucraínos, obrigados a fuxir da guerra.
Neste encontro, o responsable socialista recolleu do embaixador as necesidades de material humanitario necesarias para que os cidadáns de Ucraína "poidan soportar esta invasión inxusta de Putin". Así, reiterou a condena "sen equidistancias nin ambigüidades" á invasión por parte de Rusia, vulnerando o dereito internacional.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.