Por E.P. | A CORUÑA | 30/03/2022 | Actualizada ás 19:32
O comité de Xeal solicitou unha reunión de "urxencia" ao vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Francisco Conde, "despois de coñecer que a empresa pretende construír unha estación de bombeo reversible no monte da Ruña, en Mazaricos, para ampliar o negocio enerxético, cando leva anos recortando a actividade nas fábricas".
Nun comunicado, afirme que a empresa "xa se beneficia dunhas concesións públicas para a xeración de enerxía hidroeléctrica que están ligadas á produción de ferroaleacións nas fábricas de Cee e Dumbría e ao mantemento do emprego".
"Pero desde que se efectivizou a fraudulenta operación de compra-venda entre Ferroatlántica e TPG-Ithaka en agosto 2019, a dirección incumpre as condicións esenciais das concesións, reducindo de maneira progresiva a produción nas fábricas e destruíndo postos de traballo", argumenta.
Tamén afirma que o pasado 5 de marzo, Xeal "volveu parar o forno 14, que era o único que mantiña en funcionamento na factoría de Cee, deixando así de producir manganesos e sen actividade de ferroaleacións ás instalacións de Brens".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.