Abre o prazo para inscribirse nas oposicións para 333 prazas na administración autonómica

Será este martes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2022 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

Este martes quedará aberto o prazo de inscrición no proceso para a cobertura de 333 prazas de emprego en 16 escalas profesionais na administración autonómica que se realizarán a través do sistema de oposición libre.

Nun comunicado, a Xunta resalta o feito de que este proceso non inclúa unha fase de concurso na que se valoren os méritos de experiencia profesional ou a formación, polo que a posición dos aspirantes dependerá exclusivamente das notas das probas.

A maioría das prazas que se convocan son para a categoría de persoal subalterno, con 119. Tras esta, a oferta conta con 65 de auxiliar coidados, 54 para auxiliar de enfermaría e oito para a escala técnica de Finanzas.

Ademais, inclúense 33 prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual: 28 para persoal subalterno e cinco para o corpo auxiliar. O prazo permanecerá aberto desde este martes 5 de abril ata o próximo 4 de maio. Os interesados deberán formular o seu modelo de solicitade electrónica que se facilita gratuitamente na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública e abonar a taxa vixente no momento de presentala.

Preto de 3.000 aspirantes participaron este sábado nas oposicións para o Corpo Administrativo C1 da Xunta. XUNTA
Preto de 3.000 aspirantes participaron este sábado nas oposicións para o Corpo Administrativo C1 da Xunta. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta