Por E.P. | A CORUÑA | 11/04/2022 | Actualizada ás 19:56
A Marea Atlántica solicitou ao goberno local coruñés que "en vésperas do 14 de abril festexe o aniversario da proclamación do II República cun avance claro no cumprimento dos compromisos pendentes en materia de Memoria Histórica".
Nun comunicado, apelan tamén á retirada de honras e distincións a figuras do franquismo en base ao informe elaborado polo Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses para a aplicación da Lei de Memoria Histórica na Coruña.
O documento cita a Alfonso Molina, Sergio Peñamaría de Llano, Pedro Barrié de la Maza, Calvo Sotelo, Álvarez de Sotomayor, Diego Delicado, Benito Blanco-Rajoy, Ambrosio Feijoo, Pérez-Ardá ou Sanjurjo de Carricarte, entre outros.
Tamén sinala que "o goberno local comprometeuse a aplicar as conclusións deste informe, que tardou demasiado en facerse público, e votou a favor da moción presentada pola Marea Atlántica con este fin", indica sobre os acordos plenarios. Agora pídelle aproveitar "a proximidade do Día da República para cumprir a súa palabra e saldar débedas coas vítimas da ditadura".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.