Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2022 | Actualizada ás 19:25
O Concello de Vigo iniciou un expediente de revogación da subvención outorgada á Asociación de Veciños de Coruxo para o fomento do asociacionismo no ano 2021 debido ao "incumprimento dos requisitos establecidos nas bases". Segundo indicou nun comunicado o propio Concello, en concreto incumpriuse a base número 14 relativa ao prazo e a forma de xustificación, así como a número 18 da convocatoria da devandita subvención.
O servizo de Participación Cidadá declarou a perda do dereito ao cobro da devandita subvención para o Programa I por gastos de mantemento cun importe de máis de 5.000 euros, e o Programa II por gastos en equipamento por un importe superior aos 1.600 euros.
O Concello reivindicou a súa "vontade" de colaborar coas asociacións de veciños da cidade, "como vén sendo habitual na política do goberno local e que conta con orzamento para o efecto". Con todo, iniciou un expediente para revogar a subvención á Asociación de Veciños de Coruxo por "incumprir" os requisitos. A A.VV. amosárase crítica co Concello en reiteradas ocasións por diversas obras desenvoltas no lugar, como se pode comprobar no seu perfil de Facebook.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.