Temas: MúSICA

Lista a festa do rock en galego no Barbanza

Os Herdeiros da Crus, Terbutalina, Tevra e Familia Caamagno actuarán no Festival Son do Barbansa de Aguiño este sábado.

Por GC Tendencias | Aguiño | 20/06/2014 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

No porto de Aguiño, en Ribeira, estanse a ultimar os detalles para a celebración do  Festival Son do Barbansa. Para esta primeira edición a organización, a produtora Airapro, apostou por algunhas das bandas de rock na lingua do país máis coñecidas.

Os Terbutalina
Os Terbutalina

Especialmente os Herdeiros da Crus, a banda máis popular da historia do rock en galego, quen realizarán a súa primeira actuación na comarca en dez anos. Os de Tonhito de Poi son orixinarios do Concello de Ribeira, polo que a ben seguro a de mañá será unha actuación moi especial.

Para evitar os desprazamentos en automóbil particular, Airapro está a organizar autobuses. Polo de agora hai confirmadas paradas en Padrón, Vilagarcía, Rianxo, Noia, Muros, Porto do Son, A Coruña, Ourense, Santiago, Ordes, Zas, Vigo, Pontevedra, Lugo e Carballo , aínda que non se descarta ampliar a lista en caso de que haxa xente suficiente nalgún outro punto. 

Os billetes de bus pódense mercar no punto de venda de entradas de cada unha das localidades con parada, ou a través da Airapro Tenda. S As entradas valen tamén dez euros, 15 en taquilla, e pódense mercar na Airapro Tenda ou en 25 puntos de venta.

Os concertos do Son do Barbansa comezarán sobre as 21 horas e a organización promete festa até as cinco da mañá aproximadamente e prezos populares nas barras.

Os Herdeiros da Crus cun cartel do Son do Barbansa/airapro.com Os Herdeiros da Crus cun cartel do Son do Barbansa/airapro.com
Os Herdeiros da Crus cun cartel do Son do Barbansa/airapro.com Os Herdeiros da Crus cun cartel do Son do Barbansa/airapro.com

 

Herdeiros da Cruz
Herdeiros da Cruz
Integrantes do grupo Terbutalina
Integrantes do grupo Terbutalina
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta