O Museo do Pobo Galego asina un novo convenio para ampliar o seu proxecto expositivo con novas salas

O conselleiro de Cultura indicou que se trata dunha colaboración fundamental para seguir profundando no "labor didáctico e de promoción de Galicia2 que caracteriza o Museo do Pobo Galego desde os seus inicios".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2022 | Actualizada ás 16:11

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente do padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, asinaron este luns un novo convenio de colaboración co que a Xunta contribúe ao financiamento da segunda fase de ampliación do proxecto expositivo da institución.

Con iso, o Goberno autonómico incrementa a súa achega anual, posibilitando tamén a montaxe de novas salas de Historia de Galicia, en concreto, en relación á época medieval e moderna, que se situarán na recentemente inaugurada á sur do centro museístico.

O titular de Cultura indicou que se trata dunha colaboración fundamental para seguir profundando no "labor didáctico e de promoción de Galicia2 que caracteriza o Museo do Pobo Galego desde os seus inicios". O convenio, que conta cun orzamento global de máis de 431.000 euros, sufraga tanto os gastos habituais do funcionamento do museo como a posta en marcha destas novas salas.

Inclúe, por tanto, a contribución á programación habitual do museo, integrada por exposicións temporais, actividades didácticas para todo tipo de públicos, ciclos de cinema e concertos musicais, actuacións de conservación e restauración de fondos, servizo de biblioteca, edicións de publicacións e estudos de investigación, entre outros elementos.

Ademais, dá continuidade ao traballo emprendido nos últimos tempos para reforzar a modernización do proxecto expositivo do Museo do Pobo Galego tras a primeira ampliación, en xaneiro, coa inauguración das salas da sección de Historia de Galicia na época antiga e sueva.

"Contribuímos a dar un paso máis na secuencia histórica de Galicia dando contido á á sur do Museo. Este é un xesto máis do compromiso da Xunta cunha das institucións máis singulares para divulgar o noso pasado e facémolo co claro convencemento de que é necesario avanzar na musealización da nosa historia para que sexa entendida e coñecida", dixo Román Rodríguez.

Ou conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e ou presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, asina un convenio de colaboración.. CONCHI PAZ
Ou conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e ou presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi, asina un convenio de colaboración.. CONCHI PAZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta