A oposición no Concello da Coruña esixe explicacións sobre o retorno económico de partido España-Islandia

Un informe do goberno local cífrao en 13,1 millóns de euros.

Por E.P. | A Coruña | 19/04/2022 | Actualizada ás 17:23

Comparte esta noticia

Un informe do goberno local da Coruña cifra en 13,1 millóns o retorno do partido España-Islandia, segundo explica o BNG tras a reunión da comisión de deportes. Tanto a formación nacionalista como Marea Atlántica e o PP cuestionan o gasto e esixen explicacións.

Pleno municipal do Concello da Coruña
Pleno municipal do Concello da Coruña | Fonte: Andy Pérez - Concello.

Os populares aseguran que, segundo o trasladado na reunión, "hai un compromiso para devolver á partida de torneos deportivos coa que se pagaron os máis de 400.000 euros de custo do partido amigable da selección española", pero engaden que non se sabe "cando se executará o retorno dun diñeiro que supón a metade da partida para organizar eventos deportivos na nosa cidade".

Pola súa banda, a Marea Atlántica sostén que o partido da selección española "consumiu nun só día o 41,3% dos fondos previstos para organizar eventos deportivos este ano".

"O único que presentou o goberno para xustificar estas cifras foi un doumento dunha páxina encargado pola Alcaldía e completamente falto de rigor", indica sobre o impacto publicitario. Mentres, esixe "explicacións serias".

Pola súa banda, o BNG ve o informe "feito a medida". "Cifra o retorno en 13,1 millóns, pero podería cifralo en cinco ou en 50", sinala ao cuestionar o seu contido que non ve "serio". Para o seu portavoz municipal, Francisco Jorquera, "os 429.000 euros gastados neste partido son un investimento totalmente prescindible tendo en conta que vai en detrimento de atender as necesidades do deporte coruñés".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta