Incautados 25 quilos de ourizo na Coruña nun operativo de loita contra o furtivismo

Os ourizos comisados foron posteriormente devoltos ao mar e os axentes levantaron unha acta por suposta infracción da Lei de Pesca de Galicia.

Por E.P. | A CORUÑA | 05/05/2022 | Actualizada ás 16:17

Comparte esta noticia

A Policía Autonómica incautou un total de 25 quilos de ourizo na cidade da Coruña no marco dun operativo de loita contra o furtivismo.

Segundo informou a Vicepresidencia primeira da Xunta nun comunicado, os feitos ocorreron o mércores, día 4 de maio, nunha zona próxima ao Colexio Plurilingüe Escravas do Sacro Corazón de Xesús.

En concreto, no transcorro dun dispositivo, os axentes procederon á vixilancia dun home que podería estar a extraer marisco de forma ilegal na zona costeira próxima e que foi interceptado cando deixaba o lugar con 25 quilos de ourizo.

Os ourizos comisados foron posteriormente devoltos ao mar e os axentes levantaron unha acta por suposta infracción da Lei de Pesca de Galicia.

Incautados 25 quilos de ourizo nun operativo de loita contra o furtivismo na Coruña. XUNTA
Incautados 25 quilos de ourizo nun operativo de loita contra o furtivismo na Coruña. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta