Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/05/2022 | Actualizada ás 20:22
A compañía Clun e o comité de empresa da Agrupación de Cooperativas Lácteas SL, Clesa, acordaron un novo modelo organizativo laboral para "garantir un horizonte máis certo para a empresa e os seus traballadores".
O pacto entrou en vigor este luns 30 de maio despois de ser sometido a consulta dos traballadores e sindicatos, segundo trasladou a compañía do sector lácteo.
"Este acordo demostra que, máis que unha simple empresa, somos un equipo unido que vai nunha mesma dirección e isto reflíctese nos resultados anuais de Clesa desde que Clun asumiu a súa xestión", sinalou o director xeral de Clun, Juan Gallástegui.
O responsable da compañía incidiu en que lle novo marco "mellora" as condicioens dos traballadores a nivel económico e de conciliación co obxectivo de que Clesa "siga sendo unha empresa española referente no sector lácteo".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.