Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/06/2022 | Actualizada ás 14:08
Dúas persoas foron excarceradas este domingo en Laxe tras saírse da vía o vehículo no que viaxaban. As vítimas están feridas de gravidade. Segundo informou o 112, o suceso tivo lugar ao redor das 10,30 horas, na rúa Cova Grande. Foron varios particulares os que alertaron ao servizo do ocorrido, informando dun turismo envorcado.
O 112 activou un operativo con Urxencias Sanitarias de Galicia-061, polos Bombeiros de Carballo, polos membros do GES de Ponteceso, da Garda Civil de Tráfico e do Servizo Municipal de Protección Civil.
Foi necesario que os servizos de emerxencia empregasen o material de excarceración para liberar dous dos tres ocupantes do turismo, ao quedar atrapados no interior do vehículo implicado no sinistro.
Unha vez finalizados os labores de excarceración, as persoas puideron ser evacuada polos profesionais sanitarios ao centro médico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.