Oleiros contará cun novo parque público promovido pola empresaria Sandra Ortega

Sobre as actuacións previstas, que comezarán a principios de xullo, asegurou que se manterán as especies vexetais existentes e respectaranse árbores, ademais de plantar outras.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2022 | Actualizada ás 15:09

Comparte esta noticia

A empresaria Sandra Ortega promoverá un parque público no municipio coruñés de Oleiros, no que reside. Terá 20.000 metros cadrados e a previsión é que en febreiro do próximo ano poida xa visitarse, segundo informou o alcalde, Ángel García Seoane.

De "agasallo" para o municipio cualificou o rexedor a disposición da empresaria a ceder para uso público estas parcelas, nas que, segundo indicou, "podería haber 88 vivendas" de non facerse esta actuación.

Trátase de case 20.000 metros cadrados de chan urbano en Dorneda, entre a rúa do Mar e a da Poza, e próximo a Santa Cruz. Ademais de ceder as parcelas, a empresaria asumirá o custo íntegro das obras, que se estima nuns 800.000 euros.

No proxecto, participará un equipo no que estarán unha empresa de arquitectura da paisaxe, o grupo naturalista 'Hábitat' e Trébore Xardinaría, encargada do desenvolvemento das obras, segundo explicou a súa directora, Conchi Pérez.

Sobre as actuacións previstas, que comezarán a principios de xullo, asegurou que se manterán as especies vexetais existentes e respectaranse árbores, ademais de plantar outros. O mesmo se fará coa orografía e as pendentes do terreo ou con muros que hai nas parcelas e que se integrarán na paisaxe.

Pola súa banda, o alcalde, que lembrou que Sandra Ortega vive neste municipio, puxo en valor esta iniciativa e agradeceu a cesión das parcelas e o financiamento do proxecto. "Non levará o seu nome", avanzou sobre o parque e precisando que será así por petición expresa da empresaria.

Sandra Ortega
Sandra Ortega

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta