Un pontevedrés, ferido grave nun accidente entre dous camións e un coche en Portugal

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 29/06/2022 | Actualizada ás 18:51

Comparte esta noticia

Un pontevedrés resultou ferido grave este mércores tras verse implicado nun accidente entre dous camións e un coche na localidade portuguesa de Caminha.

Tal como informaron fontes da Garda Nacional Republicana portuguesa a Europa Press, o home, A.C.P. de 33 anos de idade, viaxaba nun turismo no momento que chocou contra dous camións en Portugal.

En concreto, o suceso produciuse preto da fronteira con España, no quilómetro 3 da A-28 en dirección Viana do Castelo, á altura da localidade de Caminha.

Debido ao seu estado tras o impacto, o pontevedrés foi trasladado ao hospital de Viana do Castelo con prognóstico grave.

Traballadores de ambulancias do 061
Traballadores de ambulancias do 061 | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta