Abre un novo Gadis en Oleiros

GADISA retail, 100% galega e líder de distribución en Galicia, alcanza 226 Supermercados Gadis.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2022 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

GADISA retail, empresa 100% galega e líder de distribución en Galicia, segue adiante co seu plan de expansión e incorpora dous puntos de venda das liñas de negocio Gadis e Claudio. Trátase de dous establecementos que abriron as súas portas en Iñas, no municipio de Oleiros,  e en Castela e León, e que levan a empresa a alcanzar 226 Supermercados Gadis, 12 Cash Ifa e 227 establecementos franquiados (125 Claudio e 102 Claudio Express).

Gadis en Iñas, Oleiros
Gadis en Iñas, Oleiros | Fonte: Gadisa

Coa apertura deste novo Gadis en Oleiros, "a compañía crea 50 postos de traballo directos, ratificando a súa aposta por xerar un impacto positivo na súa contorna a través do fomento do emprego estable e de calidade", explica nun comunicado. O establecemento conta con máis de 2.400 m2 de superficie total, e está situado na Nacional VI, ao seu paso por Iñás, no municipio de Oleiros.

"A comodidade e eficiencia das instalacións e a facilidade de acceso, a través da rotonda que deriva directamente no aparcadoiro con 148 prazas gratuítas, son algunhas das vantaxes do novo establecemento, que dará servizo aos clientes en tránsito, a traballadores dos polígonos empresariais e á veciñanza que reside nas urbanizacións e núcleos de poboación das inmediacións", sinala Gadisa nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta