O Colexio de Ópticos de Galicia sinala 62 días de media para esperar consultas oftalmolóxicas en centros públicos

En 2014, o tempo de espera medio en Galicia nos servizos públicos de Oftalmoloxía era de 40,3 días; cando a finais de 2021 ascendía a 62,6 días.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2022 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O Colexio de Ópticos-Optometristras de Galicia reivindica o regreso ao convenio 'Ollo cos Ollos' coa Consellería de Sanidade, pero "en mellores condicións", xa que o actual acordo da Xunta con empresas de óptica supuxo un "notable empeoramento" do acceso da cidadanía aos exames visuais.

Así o manifesta a entidade colexial nun comunicado de prensa, no que sinala que prestan este servizo sanitario "só o 28%" dos establecementos adheridos ao convenio colexial e resalta que creceron as demoras nos servizos de Oftalmoloxía dos hospitais galegos.

Por iso, o Colexio de Ópticos, Optometristras de Galicia incide no "notable empeoramento" do acceso da poboación ás revisións visuais que se produciron nos dous últimos anos. "É unha conxuntura derivada da substitución do convenio Colexio-Sanidade por un acordo da Administración sanitaria con empresas de óptica".

Este convenio 'Ollo cos Ollos' que a Consellería de Sanidade asinara coa entidade colexial en outubro de 2007 contribuíu "de forma determinante a ampliar e mellorar o acceso da poboación ás revisións visuais e, en lóxica consecuencia, a diminuír sensiblemente os períodos de espera nos servizos de Oftalmoloxía dos hospitais galegos", tal como subliña a entidade profesional.

"A posibilidade de que na práctica totalidade do territorio galego houbese un establecemento de óptica na contorna de poucos quilómetros de calquera parroquia ou aldea, procuraba unha asistencia próxima á cidadanía en materia de saúde visual, con todas as garantías sanitarias e a opción de remitir enseguida o paciente ao especialista da Seguridade Social cando así estaba indicado", explica.

Por outra banda, a realización dunhas 50.000 interconsultas anuais acreditan as bondades do acordo colexial, que volve "reivindicar pero en mellores condicións", segundo subliña a organización. Ao convenio co Colexio estaban adheridos 621 establecementos sanitarios de óptica, mentres que co acordo actual descenden ata 177; é dicir, só o 28,50 por cento.

Por outra banda, en 2014, o tempo de espera medio en Galicia nos servizos públicos de Oftalmoloxía era de 40,3 días; cando a finais de 2021 ascendía a 62,6 días. "As cifras son elocuentes de que o actual acordo non é bo para os cidadáns galegos, cuxo rendemento está moi por baixo do anterior", conclúe o Colexio.

DATOS

O Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia rexistrou case 700.000 follas de interconsulta desde o inicio do convenio 'Ollo cos ollos' coa Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde da Xunta de Galicia en outubro de 2007.

O protocolo permite que o médico ou pedriata de Atención Primaria "derive as revisións visuais a un óptico-optometrista mediante unha folla de interconsulta", detalla. En 2019, último ano prepandémico, rexistráronse 46.202 interconsultas novas en toda Galicia: A Coruña, 21.869; Lugo, 5.317; Ourense, 1.724; e Pontevedra, 17.292.

Ollo seco.. COLEXIO DE ÓPTICOS DE GALICIA - Arquivo
Ollo seco.. COLEXIO DE ÓPTICOS DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta