Concellos galegos participarán no III Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía en Cabo Verde

Neste tempo municipios e deputacións promoveron no arquipélago africano máis de 30 proxectos de cooperación en materia de xénero, educación, auga, vivenda e infraestruturas, entre outros

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2022 | Actualizada ás 20:17

Comparte esta noticia

Representantes de municipios galegos participarán coa Xunta no III Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía, que comeza este xoves en Cabo Verde.

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coorganiza entre o 7 e o 9 de xullo este foro, que se celebra na cidade de Mindelo. Participan representantes dos municipios de Cabanas, Cambre, Lugo, Nigrán e Pontedeume.

As boas prácticas na inclusión dixital será o eixo das xornadas que celebra a Asociación Nacional deMunicipios de Cabo Verde (ANMCV).

En concreto, en 2022 cúmprense dúas décadas da colaboración entre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a ANMCV. Neste tempo municipios e deputacións promoveron no arquipélago africano máis de 30 proxectos de cooperación en materia de xénero, educación, auga, vivenda e infraestruturas, entre outros.

Países que forman parte da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e do espazo da lusofonía
Países que forman parte da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP) e do espazo da lusofonía

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta