Miñones promete un "gran protagonismo" da economía social galega no PERTE para este sector

O delegado do Goberno en Galicia tamén avanzou que se dirixirá aos concellos para facerlles chegar a importancia deste PERTE, que é "único na Unión Europea", e así involucrarlles no desenvolvemento da economía social na Comunidade.

Por E.P. | A CORUÑA | 12/07/2022 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reuniuse este martes con representantes do Foro pola Economía Social Galega (Foroesgal), aos que asegurou que este sector terá un "gran protagonismo" no Plan Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) que deseñou o Executivo central neste sector.

En concreto, durante este encontro, ao que acudiron o presidente de Foroesgal, Celso Gándara, e a vicepresidenta, Isabel Fraga, o delegado do Goberno detallou que proximamente se abrirá a convocatoria para optar ao financiamento deste poryecto que contará con 808 millóns de euros de investimento.

"A importancia da economía social para este Goberno é inequívoca e o maior expoñente desta aposta é o PERTE da Economía Social e dos Coidados", manifestou José Miñones, quen cualificou de "alicerce estratéxico" este sector.

O delegado do Goberno en Galicia tamén avanzou que se dirixirá aos concellos para facerlles chegar a importancia deste PERTE, que é "único na Unión Europea", e así involucrarlles no desenvolvemento da economía social na Comunidade.

Pola súa banda, Foroesgal destacou nun comunicado a "total sintonía" na que transcorreu esta reunión, tras a cal Miñones se comprometeu a "seguir mantendo un diálogo directo e fluído" con este foro.

Na actualidade, a economía social supón un 10% do total do PIB español e contribúen ao 12,5% do emprego, con case 2,2 millóns de postos de traballo en 43.000 empresas. En Galicia, de acordo con datos de Foroesgal, achega máis do 7% do PIB, co 5% do total das empresas que hai na Comunidade.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reúnese co presidente de Foroesgal, Celso Gándara, e a vicepresidenta, Isabel Fraga.. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reúnese co presidente de Foroesgal, Celso Gándara, e a vicepresidenta, Isabel Fraga.. DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta