Incendios.- Medios aéreos que non chegan e camións da UME envorcados por non coñecer as estradas

Os veciños organízanse para loitar contra o lume do Courel que avanza descontrolado cara o Val da Seara. Medios de Folgoso non van para os lumes de Quiroga por ser "outro concello".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/07/2022 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

O lume consume o Courel sen que haxa unha organización dos efectivos de loita contra o lume. Tal e a desorganización que camións da UME acabaron envorcados en camiños que son fundamentais para atallar os incendios. Unha falta de previsión á que se suma o descoñecemento do terreo de moitos dos efectivos que traballan sobre o terreo.

Camiión da UME envorcado nun camiño do Courel o que impide que poidan circular outros vehículos de loita contra os lumes e incendios da zona
Camiión da UME envorcado nun camiño do Courel o que impide que poidan circular outros vehículos de loita contra os lumes e incendios da zona | Fonte: Sechu Sende

Nas últimas horas son os veciños os que se teñen que organizar para loitar contra os lumes e axudar na coordinación xa que moitos dos efectivos despregados na zona non coñecen a orografía, nin os camiños, nin teñen unha coordinación efectiva sobre o terreo.

Tal é o descontrol que a estrada que vai ata a Seara, dende Cruz de Outeiro, leva cortada 15 horas por un "incidente" cun camión da UME que entrou por onde non debía e envorcou. E iso, a pesar de ser advertido polos veciños. 

"O camiom da UME continua na Seara, pendente de dous cabos, um amarrado a umha árbore e ourro a um camiom militar,  cortando o passo da estrada a veículos pessados, ao pé do Val da Seara, que está ardendo. Levam assi mais de 15 horas, inutilizando a estrada num ponto estratégico. Por aqui nom podem passar carrocetas, nem camions, só turismos", denuncia Sechu Sende.

"Onte um vizinho de Vieiros já avisou a outro camiom da UME que nom baixara por aí, que o caminho era um desses caminhos eleitorais de 10 cm de cemento que nom podem dum camioneto pequeno.  Este camiom pessa 12 toneladas e aí está", indica. Agora dous militares fan garda á espera de tentrar solventar o problema xa que un bulldozer non conseguiu movelo. Agora agardan un guindastre tipo "pluma" para ver se o quitan do medio do camiño. 

Dous camións do exército impiden circular por varios camiños para atallar os lumes. Un deles está envorcado
Dous camións do exército impiden circular por varios camiños para atallar os lumes. Un deles está envorcado | Fonte: Sechu Sende

A esta situación tamén se suma a descoordinación entre os propios medios antiincendios que hai na zona xa que as ordes que teñen é actuar no concello de Folgoso. Algúns deles néganse a ir a atallar lumer tamén no Courel pero xa no Concello de Quiroga, "por ser outro concello", segundo indican fontes consultadas por GC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 anonimo

A UME sempre a monta pero ninguén está libre de facelo. O triste é que a operatividade nun incendio é moi reducida pola xerarquía e tonterías militares rancias.

1 un bombero

Ningún bombeiro forestal da Xunta pódese negar a ir a traballar nun lume a outro punto de Galicia. Nin que os cambien de destino a medio camiño, nin que os quiten dun lume para metelos noutro. Así o di o noso convenio e penso que todos o sabemos e senón o saben, mano dura por lacazáns.