Xacarandaina estrea un espectáculo co que percorrerá municipios do Camiño

Quique Peón é o director dunha obra que reúne 80 artistas no escenario entre músicos, bailaríns e coros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2022 | Actualizada ás 09:46

Comparte esta noticia

Xacarandaina estreará este sábado, 23 de xullo, no pavillón de deportes de Santa Comba (22,15 horas), o espectáculo de música e baile tradicional 'Endaterra', co que busca poñer en valor a arte inmaterial da ruta xacobea.

Este espectáculo conta co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta e asociacións de municipios do Camiño Inglés e Fisterra-Muxía. Quique Peón é o director dunha obra que reúne 80 artistas no escenario entre músicos, bailaríns e coros.

Así, fusionaranse teatro, baile e música tradicional galega, nunha montaxe que conta cunha banda sonora composta en exclusiva. As seguintes datas de 'Endaterra' serán: Negreira (15 de agosto), Dumbría (15 de outubro), Oroso (22 de outubro), Abegondo (5 de novembro) e Culleredo (19 de novembro).

O argumento baséase na peregrinación feita a Santiago en 1900 por unha aristócrata inglesa e a súa doncela de orixe galega, con epílogo en Fisterra e Muxía. Deste xeito, represéntase unha completa mostra da ampla cultura tradicional de dúas das rutas compostelás menos exploradas.

Espectáculo de Xacarandaina. XACARANDAINA
Espectáculo de Xacarandaina. XACARANDAINA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta